martes, 3 de febrero de 2009

BAJARSE AL MORO


Este mércores, 4 de febreiro, temos un novo encontro do noso club. Xa estamos preparados para unha sesión de teatro lido. A obra escollida é Bajarse al moro, de Luis Alonso de Santos, que sen dúbida nos fará pasar un bo rato. Rosabel, Isa, Bea, Marta, Christian, Carlos, Santi, Saúl e Manuel serán os protagonistas desta comedia; estamos certos de que o farán coma auténticos profesionais.

QUE COMECE A FUNCIÓN!!!

jueves, 15 de enero de 2009

martes, 12 de febrero de 2008

tarde de medo

Os do Clube de Lectura da Sangriá tivemos unha tarde de lectura de textos de medo. Ningún dos rapaces sentiu medo algún... non era para menos, o grupo estaba formado por un par de ducias de valentes.
Non obstante, cando cheguei á casa e vin as fotos que fixera o medo entroume a min. Que demo viñan sendo esas cores que andaban flotando por alí? Reflexos ou espectros? Como non daba coa resposta púxenme en contacto con IkerJiménez, quen me explicou os fenómenos que estaban tendo lugar naquel mesmo lugar mentres nós riamos do medo. A ver se adiviñades, vós, o que estaba a pasar... Botádelle unha ollada e xa nos contaredes qué vos parece:




















miércoles, 23 de enero de 2008

ábrese a caixa dos tronos.... ha, ha, ha.

Comeza a andaina do Club de Lectura do IES A Sangriña (de agora en diante C.L.) e que mellor maneira de inauguralo que cun bo sustiño no corpo, hehehe...
Se queres verlle as orellas ao lobo podes formar parte do Ciclo de Terrrooorrrr que iniciamos este mércores 30 de xaneiro.
Xa sabes, no Punto de Lectura ás 4 da tarde para que non nos colla a noite no camiño...
Atréveste a entrar?

música: historias para no dormir


(a organización non se responsabiliza dos cortes de dixestión que poida provocar a pertenza a este grupo)